Poematizar é un poemario que emerxe doutros versos escollidos de diferentes autores de fonda significación para a cultura galega. Ao longo dos trinta textos poéticos que conforman este libro, revisamos o legado da poesía dende a tradición lírica medieval atá a obra das últimas gañadoras do Premio Nacional de Poesía.
Este libro xorde pois ao abeiro das verbas e herdanza de, entre outros, Manuel Antonio, Olga Novo ou Luz Campello, xunguidos todos eles a nós por elementos comúns que perduran e nos representan al longo do tempo como sinal de identidade cultural