SCHLUMPF, ERWIN: HOMICIDIO

14,96 €

En breve

En breve, disponible para pedido


EAN: 9788484876199

Fecha Edición01 - Marzo - 2023
Autor/aFRIEDRICH GLAUSER
EncuadernaciónRústica
Edición01
Páginas216
TraducciónLAUREANO J. ARAUJO CARDALADA
O sarxento Studer é unha persoa entrañabel, a quen é moi fácil collerlle cariño, un home moi da súa época, para ben e para mal, pero tamén un tipo especial: pachorrento, listo, dunha peza. Adoita traballar só, detesta a burocracia e empatiza cos personaxes marxinais con quen se atopa. É un home rexido pola ética da compaixón. En Suiza chegou a ser extremadamente popular.Schlumpf, Erwin: Homicidio, publicado en 1936, é a primeira das cinco novelas que protagoniza Studer. Nela xa queda moi ben presentada a poderosa figura do sarxento, cuxas aventuras nos van revelando unha Suiza descoñecida, moi afastada do tópico do chocolate, o queixo e os reloxos.Esta novela considérase a fundadora da tradición da novela policial en alemán. Isto explica que o premio de novela negra maís prestixioso do mundo xermanófono leve o nome de Friedrich Glauser. Sen o sarxento Studer non se pode escribir a historia da nvoela de detectives.En 2021, o xurado do XIX Premio Plácido Castro resolveu galardoar este libro. Os membros do xurado valoraron especialmente << a moi elevada calidade desta tradución, que mostra unha gran fluidez e dominio tanto do alemán como do galego>>, e tamén <>.

No hay comentarios de clientes por ahora.

Escribe un comentario

Escribe un comentario

30 productos en la misma categoría