No evocador souto dos catro ventos do antigo mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil aparece morto un home vestido como un monxe bieito. Como é posible, se os frades abandonaron aquel lugar no século XIX?Jon Bécquer, un detective de obras de arte que está a descubrir as marabillas da Ribeira Sacra, tomará moi a peito descubrir que hai de certo na lenda dos nove aneis de Santo Estevo e en descubrir o enigma daquela morte.Na súa pesquisa vai dar co legado de Marina Vallejo, unha moza vallisoletana, que viviu os derradeiros anos da vida monástica, na década do 1830, pelexando por conducir o seu propio destino e esquivar a represión que sufrían as mulleres naquel tempo convulso de absolutismo e cólera.O souto dos catro ventos é a primeira novela de María Oruña publicada en galego.