Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta recolleun conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pinturado século pasado, con especial atención á produción do movementorenovador da arte galega que traballa nos anos vinte, no período republicano,na Guerra Civil e no exilio. Estúdase como a súa arte eraconscientemente presentada desde posturas que reafirmaban o carácterconflitivo, denunciador da opresión ou reafirmador das imaxes,desde criterios sociopolíticos alternativos ao discurso dominante quedeitaba o poder. Tiñan pois, un forte contido social e identitario, aparecendoos labregos como clase subalterna mais tamén o proletariado eo mundo fabril. As obras dos nosos pintores prodúcense, xa que logo,desde un coñecemento do representado, elaborando un discurso quenon é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa coas súassingularidades- e en América, no contexto dos chamados realismo deentreguerras . A procura de raíces no pasado propio como fonte demodernidade é unha das receitas, no caso galego é a inspiración naarte popular e medieval, en especial a escultura esgrevia e granítica donoso románico e barroco.A recepción posterior tópica da nosa arte só se pode entender porunha visión previa que le a produción galega desde un a priori que areduce a imaxe costumista. Cómpre, pois, pensar a tradición artísticadesde nós. Pensar na lectura intencional do pasado máis tamén nalectura presente desde a pura visualidade e desde a posición actualda nosa nación, o que implica distintas posíbeis lecturas das imaxes,desemellantes mais non incompatíbeis.