Ramón Villares, un dos historiadores galegos de maior prestixio, debrúzase sobre o noso pasado para procurar nel as principais claves da Galicia de hoxe. Concibido cunha forma de ollar nova, mais complexa e rica, atenta á historia da cultura e arrequentada polos coñecementos que a investigación histórica nos achegou nos últimos vinte anos, este libro engade como novidade unha visión das diferentes épocas desde o outeiro das sete grandes cidades galegas: o Lugo romano, a Compostela de Xelmírez, a Pontevedra dos mareantes e mercadores, o Ferrol ilustrado, a Coruña liberal, Ourense, a ciadade da xeración Nós, o Vigo industrial, e mesmo inclúe un capítulo sobre a historia da emigración galega en Buenos Aires.