Rosa Luxemburg (1871-1919), destacada figura do marxismo e do antimilitarismo, escribiu durante o seu encarceramento entre 1916 e 1918 unha serie de cartas á súa amiga Sonja Liebknecht, esposa de Karl Liebknecht, cofundador da Liga Espartaquista. Estas cartas, traducidas ao galego, revelan unha faceta máis íntima da autora, onde o teórico se entrelaza co persoal. A través delas, descubrimos unha revolucionaria que, malia as dificiles condicións da prisión, mantén un amor profundo pola vida e unha ollada compasiva cara o mundo natural....