Cando decidimos desde a Fundación Moncho Reboiras (FMR) e a Confederación Intersindical Galega (GIG) editar este libro que tes nas mans, fixémolo co firme convencemento de que era necesario e obxectivo pór en valor o enorme traballo de teorización e outoorganización ao que deu lugar o nacionalismo galego desdse a segunda metade da década dos anos 60 do pasado século e que cristalizou na década dos anos setenta, dando lugar a unha forte mobilización social. Un esforzo que sentou as bases do nacionalismo galego nas seguintes décadas, até a actualidade, en todos os ámbitos.Así mesmo, impulsamos este volume para pór en valor e homenaxear as centos des persoas que co seu esforezo, sacrificio e entrega militante, individual e colectiva, fixeron posíbel o renacemento e a introdución social do nacionalismo galego como movemento social, ideolóxico e político, cunha dimensión inédita na nosa historia, enlazando co esforzo extraordinario e capacidade política do nacionalismo galego no primeiro terzo do século XX.