Galicia foi unha gran produtora de emigrantes e cada´veres. Eles son os protagonistas de Ratas en Manhattan, heroes correntes cunha identidade invisible, ocultada acoti´o por mor dos virus que borran a memoria. Emigracio´n e naufraxio son experiencias que nos levan a un espazo fronteirizo, de loita pola supervivencia e de busca da felicidade. Nesta xeografi´a emocional, entre o apego e a perda, recon~e´cese o home no li´mite da condicio´n humana. Esta paisaxe emocional e´ o territorio li´mite onde se situ´a Ratas en Manhattan. Esta obra enfi´a curtos relatos de ficcio´n nos cales a vida e´ vista coma un xogo de ruleta rusa no que a loita pola supervivencia, nun espazo desesperanzado no cal azoron~an as ratas, supo´n unha fuxida constante da morte.