Mercedes volveu de EUA embarazada dunha filla,Indira, á que nunca lle desvelou a identidade do seu pai. Tres décadas transcorren entre esa viaxe de ida e voltade Ribadomar a Denver, para cursar estudos universitarios, e a de Indira, quen segue as pegadas da súa nai e regresan de América con información inesperada e reveladora.Con prosa sinxela e ritmo áxil, cun chisco de humor e misterio, sen pudor nin sentimentalismos, A miña vida noutro lugar narra a vida íntima dunha muller que valora o alleo sempre por riba do propio. O olenco de personaxes é amplo, unha nai omnipresente, unha vidente chicana, un mozo indio, un compañeiro de vida francés, un amantee vasco, un vello veciño navegante, un par de amigas ao outro lado do Atlántico... Amor, soidade e identidade impregnan estas páxinas.