A fuxida conta a historia de Sumailla e a súa familia andina, pero non só, pois, como apunta o xurado do V Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro "ensambla a historia colonial coa realidade galega da emigración desde unha visión crítica, abordando cuestións como a desigualdade social, o abuso de poder, a familia ou amizade. É unha novela de protagonismo femenino que incide na necesidade dos lazos de sonoridade para enfrontar as situacións máis difíciles da vida dos personaxes", ao que engadimos que é unha alegación contra o racismo.