- E por que oz rapacez non uzarán zaiaz? -deixou caer Lala, curiosa.- Pois claro que poderían usalas -respondeulle Pinki, combativa-. Nós xa gañamos o dereito aos pantalóns. Vós -e mirou para o Kiko e o Perucho- poderíades loitar polo dereito ás saias... Aliás, non é unha cousa tan estraña: os homes usaron secularmente saias...- Si, é verdade -continuaron Mariña-, e seguen a usalas hoxe en día en lugarers de Asia e África..., sen esquecermos os escoceses, claro é....