Este libro está composto por unha serie de pequenos relatos, apenas unhas breves escenas, unhas historias mínimas relacionadas entre si nada máis que pola súa temática: a violencia. Ou mellor, as violencias, pois hainas, desafortunadamente, de moitos tipos: violencia contra un mesmo e contra os demas. Violencia física, psicolóxica, emocional, sexual. Violencias políticas, económicas, relixiosas, culturais...A violencia asoma todos os días en todas as partes do mundo, deixando tras de si un regueiro de odio e carraxe, ó tempo que alimenta novas agresividades e xenreiras que, de seguro, crearán novas violencias, sen doada solución.Dito isto, penso que a violencia só debería ter cabida nun lugar: na ficción.