A novela, á parte de ser unha defensa e reivindicación do rural, é unha novela tamén de carácter urbano, representado fundamentalmente por cinco cidades: Lugo, A Coruña, Lisboa, París e Madrid. Aquí podemos atopar personaxes reais do rural propios de García Márquez, coma o seu grande mestre da vida, Dositeo, o labrego Quinto de Serés, Marité, a súa sogra, Servando, aquel homo listo, que ía por diante, Eliseo, o seu avó, que morrou sendo el moi novo, as tres Mapoulas, asasinadas polos fascistas en Montecubeiro, Pedro de Vica que un día ao regresar da Gulpilleira a Aldegunde, despois de ver a súa moza, ao saltar unha parede foi caer enribe do lobo....