En "Nomes propios" recóllense relatos breves, onde o protagonismo recae nas mulleres, nos homes e lugares onde se desenvolven estas historias.Nalgúns deles, nárranse momentos relacionados co amor nas súas diversas formas, pero tamén vivencias traumáticas como a enfermidade ou o fracaso profesional.Así mesmo descríbense situacións e circunstancias que calquera persoa puido vivir nalgunha ocasión da súa vida.Finalmente, salientamos que en todos os relatos deste libro está sempre presente un sentimento inalterable: o amor ás persoas e á nosa terra.