Fecha Edición | 01 - Diciembre - 2022 |
Autor/a | ROBERTO FERNANDEZ ALVAREZ |
Encuadernación | Rústica |
Edición | 01 |
O Golpe, xa ancián, recorda a súa adolescencia, na década do 1940 en Pazos de Arenteiro. O tempo que compartiu coa doutora África Cons cando ela chegou para cubrir unha vacante de médica e tivo que enfrontarse á hostilidade das forzas vivas do lugar. Retrato vívido dunha época da Galicia rural que xa se extinguiu. A tensión entre tradición e progreso a través da Medicina. Drama e humor ben conxugados cunha prosa rica que se asenta nas mellores letras da nosa tradición. XLI Premio Blanco-Amor de Novela 2022.