Vitoria escapou.Fuxiu dende a aldea para a cidade escapando da violencia e das violencias, dos oprobios e das vexacións, das murmuracións e dos alcumes.Deixou atrás os retratos da súa vida gardados nunha caixa cunha lanzada primorosa e puxo unha venda amordazando a súa memoria para empezar de novo.Moitos anos despois, a súa neta, Lucía tamén escapou.Con todo, Lucía asentou na Baiuca, buscou a maneira e construíu o seu mundo. Ese mesmo mundo permitiulle á avoa Vitoria volver abrir a caixa dos retratos e pechar o círculo.