A vida é o que lembramos. É unha caixa chea de cartas anoadas do pasado, que neste libro collen forma de poesía. Nas follas, as historias vanse apegando unhas ás outras, cunha cola delicada e ás veces dura, o mar que nos mira, para formar un retrato que recende a pedra, a salitre, a chuvia. Os poemas flutúan, ben no ar coma papaventos, ben no chan removidos polo nordés, ben na ribeira aboaiando na auga, co engado da sensibilidade e da sinxeleza, á espera de ser recollidos para ser gozados.