Hércules, fillo do deus Zeus e da mortal Alcmena, tiña desde neno tal forza que xogaba ás bólas cos planetas e ao aro cun dos aneis de Saturno. Xa de adulto, e a través do oráculo de Delfos, a deusa Hera ordénalle realizar doce traballlos dificilísimos que lle imporía o temible rei Euristeo.Xa verás que, para ti, ler este libro non será o traballo número trece, porque é ameno e porque está cheo de tanto humor que ata o malvado Euristeo se botaría a rir. Nel veremos a historia dun Hércules moi preculiar: semideus do estrafalario, heroe dos disparate, e cun aspecto físico diferente do aspecto ao que nos ten afeitos.