Fecha Edición | 01 - Mayo - 2024 |
Autor/a | DIGITALIZATION FOR SUSTAINABILITY(D4S) |
Edición | 1 |
Páginas | 156 |
Encuadernación | Rústica |
Traducción | Miguel Braña Montaña |
Gobernos e institucións de todo o mundo están a presentar na actualidade novas iniciativas para regular as tecnoloxías dixitais e as infraestruturas das redes. Porén, a maioría desas iniciativas políticas ignoran como a dixitalización afecta de moitas outras formas a sustentabilidade ambiental e a xustiza social. Este libro da D4S defende que a regulación da dixitalización debe ser quen de responder aos retos sociais actuais. O cambio climático desbocado, a perda da biodiversidade, o incremento da polarización social e a erosión da democracia esixen medidas áxiles e decididas. O que precisamos é unha reprogramación (reset) dixital: un cambio de dirección radical da finalidade das tecnoloxías dixitais para que traballen nunha transformación profunda que favoreza a sustentabilidade.