Pretendemos presentar dun xeito resumido as cuestións esenciais que suscitan os sistemas de financiamento no Estado español, centrándonos especialmente nas deficiencias que, desde un punto de vista nacionalista galego, caracterizan o chamado sistema de réxime común, que afecta a 15 das Autonomías, (sen que este termo teña nada a ver co significado real desa verba), agás as forais. O mesmo Tribunal Constitucional canso está de acreditar en diversas das súas sentenzas que " Autonomía non é Soberanía", poñéndonos de manifesto a moca que supón escoitar a tantos que o Estado español "é o máis descentralizado do mundo", crenza baseada no seu españolismo, na fe, ou na ignorancia sobre as competencias de dispoñen os Estados, por exemplo, que forman o EUA, que tomamos como exemplo porque nunca escoitarán falar destas competenciasw á morea de "teóricos españolistas especialistas nesta temática", malia a admiración que profesan polo mesmo.