Gregorio Lobariñas Feixoo é unha das figuras máis descoñecidas e atractivas da nosa historia cultural. Este inquisidor de Crecente escribiu As Galegadas, de a cabalo entre os séculos XVI e XVII, obra hoxe perdida, mais escrita en lingua galega en plenos Séculos Escuros.Antonio Jacinto Lobariñas Feixoo, un dos seus parentes, nacido en Filgueira (Crecente) no século XVII, exerceu a Medicina e colaborou co Padre Sarmiento nas súas investigacións sobre as propiedades curativas das plantas.Perfecto Ramos Rodríguez aproveita as biografías destes dous intelectuais para retratar un vívido fresco sobre os tempos dos Lobariñas e crebas moitos dos mitos que duran sobre a situación da cultura escrita en lingua galega.