UN RESPLANDOR DE LÚA. A OLA

20,00 €

En breve

En breve, disponible para pedido


EAN: 9788412670189

Fecha Edición01 - Marzo - 2023
Autor/aEMILIO ARAÚXO
EncuadernaciónBolsillo
Edición01
Páginas435
Algunhas páxinas de barro para revisitar o universo da olaría a través da figura da ola. As sombras do sentimento da forma indesgastada das olas aínda no cumio dos tellados. Nos encontros, nas despedidas, olas aínda hoxe cando se erguen os brazos. Non morreu aínda a noite da ola no silencio das cociñas. Debaixo dunha ancestralidade de palla, o colmo do tellado andando aínda por riba de ti. Unha idea de mundo tecida coas entrevivas, coas liñas de ola no espazo común. Memorizada nas mans, unha promesa de terra cocida, un arquivo de emocións extensivas. Cun paxaro da neve, ola elevándose na liña dos montes ó empardecer o día. Curisca tocándolle a todas as cousas, para alí tirada nunha touza, para alí atravesada, unha bágoa baleira, unha bágoa de barro media esborcelada e escaspada das xiadas, a sinatura chamando dunha ola calquera.

No hay comentarios de clientes por ahora.

Escribe un comentario

Escribe un comentario

30 productos en la misma categoría