Fecha Edición | 19 - Abril - 2023 |
Autor/a | IRIA PEDREIRA |
Encuadernación | Rústica |
O legado cultural da Antigüidade Grecolatina espalla a súa enorme influencia por todo o mundo occidental ata os nosos días e, aínda que penetra con certas dificultades na literatura galega, é un dos máis destacados alicerces temáticos do teatro galego dos séculos XX e XXI."Melpómene entre nós" é un ensaio que afonda nas poliformas reinterpretacións da tradición clásica a través da ollada dos nosos dramaturgos, unha obra que se constrúe sobre a análise e o comentario dunha ampla selecta de textos teatrais dende unha perspectiva filolóxica e que busca reivindicar a literatura dramática inspirada nos modelos clásicos para o canon das nosas letras.