SON UNHA NENA. SUFRIREI DISCRIMINACIÓNS E VIOLENCIA SEXUAL?

23,00 €

En breve

En breve, disponible para pedido


EAN: 9788491519645

Fecha Edición01 - Febrero - 2023
Autor/aRODRIGUEZ YOLANDA/LAMEIRAS MARIA
EncuadernaciónRústica
En pleno século XXI, vivimos nunha sociedade patriarcal, intoxicada polas violencias, especialmente as sexuais, que alcanzan de pleno as nenas e as mulleres, afectando a súa saúde e benestar e, tamén, a de toda a sociedade.Neste libro formulamos unha análise das diferentes formas de expresión da violencia sexual, encadrando estas experiencias ao longo da vida das mulleres, xa que en numerosas ocasións non son feitos illados, senón un continuo de múltiples violencias.A magnitude da violencia sexual a nivel mundial vese reflectida nos datos da Organización Mundial da Saúde, onde se evidencia que unha de cada tres mulleres no mundo foi vítima de abusos físicos e/ou sexuais. Estas violencias sexuais representan un dos delitos máis invisibilizados que vulnera os dereitos fundamentais de igualdade, liberdade, integridade física e moral, converténdose na forma de violencia máis xeneralizada e menos recoñecida do mundo.Mudar esta realidade é unha responsabilidade de todas e todos.

No hay comentarios de clientes por ahora.

Escribe un comentario

Escribe un comentario

30 productos en la misma categoría