Os santos das nacións

22,95 €

Reliquias e lendas de conversión en Europa

Más detalles

En breve

En breve, disponible para pedido


EAN: 9788484875116

Fecha Edición01 - Febrero - 2021
Autor/aBemejo Barrera José Carlos
Edición01
EncuadernaciónRústica
Páginas286
O culto das reliquias é considerado na actualidade por moitas persoas como una supervivencia do pasado, que só se pode manter vivo grazas á práctica da liturxia. Mais, sobre todo, grazas á existencia das peregrinacións, fenómenos relixiosos, culturais e políticos á vez. Soamente o catolicismo, entre as relixións vivas do cristianismo occidental, mantén ese culto, pero insistindo en que nel non se trata de adorar uns obxectos ou restos humanos, senón a memoria dun santo ou santa consagrados seguindo os procedementos regulados polo dereito canónico dende a Idade Media.O recoñecemento da autenticidade das reliquias tiña que ser feito cos protocolos canónicos determinados, que permitisen comprobar a existencia histórica da persoa que ía ser obxecto de culto, así como os feitos senlleiros da súa vida, milagres e normalmente tamén da súa morte, case sempre no martirio. Estas investigacións eruditas, baseadas nos textos e nos monumentos, tentaban frear moreas de intereses locais, rexionais, e ás veces tamén nacionais, que levaban a falsificar moitas reliquias, porque todas elas eran fontes de prestixio relixioso e político e daban moitos beneficios económicos.Este libro achega un estudo completo a nivel europeo da orixe das reliquias, moi unida ás persecucións contra os cristiáns no Imperio Romano, das que se fai un detido estudo histórico-relixioso e xurídico. Partindo deses comezos, estúdanse os procedementos canónicos de recoñecemento do valor das reliquias, a súa conservación, e incluso o intercambio delas, normalmente ofrecidas como agasallos.Non pode haber reliquia sen santo, e santo sen vida ou sen historia que contar, e por iso poderemos ver como nestes casos a historia mestúrase case sempre coas lendas, como acontece nos grandes reinos da Europa medieval. Neste libro ofrécese un estudo das lendas relacionadas coas reliquias do apóstolo Xacobe, para o caso de España, pero tamén dos outros grandes patróns dos reinos europeos.

No hay comentarios de clientes por ahora.

Escribe un comentario

Escribe un comentario

30 productos en la misma categoría