Pippi Mediaslongas ten a capacidade de converter nunha aventura abraiante calquera cousa que faga, dende ir de compras ata facer unha excursión. Canda os seus inseparables Tommy e Annika,o cabalo e o señor Nilsson, Pippi xoga a ser coma Robinson Crussoe indo ata a illa dun pequeno lago, onde mesmo lanzaunha mensaxe de rescate nunha botella. Porque así é esta nena especial e única: explora os límites da audacia e da imaxinación, cuestiona a lóxica establecida, fai da espontaneidade e do humor a súa bandeira.