As nenas e nenos da vila andan tristes, estánlles roubando os soños que os facían felices e xa non saben de que falar, mesmo o sol brilla menos.Por que Taparuxa lles fai iso? Como impedirllo? Entra nesta historia para descubrilo, a ti tamén che pode pasar .Este conto, ademais, anima a xogar coas palabras para conseguir unha perfecta pronunciación desas sílabas máis difíciles.Como é habitual Manuel Uhía acompaña a Pablo Nogueira e a Nube Branca debuxando a historia.