O TESOURO DO CASTRO DA VEIGA

15,00 €


EAN: 9788419840264

Fecha Edición01 - Junio - 2024
Autor/aGARCÍA PORRAL XOÁN CARLOS (1974-) GÓMEZ FUENTES SANTIAGO IGLESIAS GABRIEL (1979-) IL.
EncuadernaciónCartoné
Páginas46
O tesouro do Castro da Veiga preséntase como un álbum ilustrado a toda cor e en tapa dura, no que os lectores máis cativos descubrirán unha asombrosa lenda da comarca de Deza. Trátase da terceira parte da triloxía sobre a mourindade de Deza elaborada por Xoán Carlos García Porral, cuxas historias son extensibles a toda a comunidade galega e a aquelas zonas nas que os mouros, mouras e tesouros forman parte do imaxinario colectivo. A primeira obra en saír foi As tres mouras da Fonte Lantana dedicada ás mouras, a segunda Antón e a moura do Lameiro de Viana está dedicada aos mouros, mentres que esta última pretende ter como tema central os tesouros.Unha triloxía ilustrada para nenos, mozos e maiores na que estes seres e obxectos mitolóxicos cobran vida e son postos en valor nunha época na que a perda da memoria colectiva supón unha eiva na identidade comunitaria.Cabe destacar que as últimas páxinas dos tres títulos inclúen un apartado didáctico con explicacións e actividades para que os máis pequenos comproben o aprendido e descubran porque é tan importante manter vivas as lendas ancestrais.

No hay comentarios de clientes por ahora.

Escribe un comentario

Escribe un comentario

30 productos en la misma categoría