O tempo máis antigo da Idade de Pedra chámase Paleotlítico. Daquela, a xente andaba polo monte a buscar comida e abrigábase en acubillos e covas. Aínda non había casas! Os utensilios facíanos de pedra, madeira ou óso de animal: machadas, furadores, arpóns, lanzas e outras cousas. Tamén pintaban figuras nas paredes das covas, que aínda hoxe podemos ver.