Un conto en branco e negro a toda corPoden as cores ser as protagonistas dun libro en branco e negro? A cor dos sentidos é unha reflexión moi imaxinativa e alegre sobre as cores que nos rodean. Só é preciso fechar os ollos para descubrir que podemos experimentalos doutro xeito, con outros sentidos diferentes á vista: azul é o son do mar, violeta, o recendo das flores, vermello, o calor dunha fogueiraUn álbum ilustrado e de textos moi líricos, que nos convida a observar o mundo a través das sensacións.