PÍCACHE A CURIOSIDADE?

19,95 €

En breve

En breve, disponible para pedido


EAN: 9788482896410

Fecha Edición01 - Septiembre - 2021
Autor/aCANOSA MAR¡A
EncuadernaciónCartoné
O queixo procede dun líquido, o cacao dunha semente, o algodón obtense dunha planta e a la dun animal. Tanto o queixo, como o chocolate ou a la, poden viaxar nun avión, pero tamén fan viaxes polo mundo a auga e a electricidade. E a túa mente... ata onde é capaz de viaxar?Din que o mellor das viaxes non é o destino, senón o propio camiño. Velaquí un libro no que descubrirás a andaina que el mesmo fixo para chegar ata ti, pero non só iso, senón que tamén te guiará na viaxe de obxectos, materias ou enerxías que habitan ao teu redor. Quizais non sexas consciente de cantas travesías marabillosas acompañas. Queres descubrilas? Non necesitas cinto de seguridade para esta viaxe, nada máis que unha mente inqueda que che permita descubrir a orixe das cousas.Un libro divulgativo en galego para entender e facer un percorrido por moitos procesos ordinarios que nos rodean tales como: de onde chega a auga que sae polas nosas billas, por que ao apertar un botón acéndese unha luz... ou mesmo como se sostén un avión no aire. A autora, María Canosa, é unha experta divulgadora científica con moitos anos de profesión na materia e cun aval de libros e premios de recoñecido prestixio. Un libro para aprender e xogar sobre o funcionamento de cousas que nos rodean.

No hay comentarios de clientes por ahora.

Escribe un comentario

Escribe un comentario

30 productos en la misma categoría