Con Tigre e oso na cidade regresan as aventuras destes entrañablespersonaxes e dos seus inseparables amigos. Nesta ocasión, dirixen os seuspasos cara á cidade, onde, axudados polos diferentes habitantes,se enfrontarán ás dificultades de manexarse polas rúas mentres descobren queé un peón, unha beirarrúa, un paso de peóns ou un semáforo. Aprenderán, portanto, a moverse entre o tráfico con seguridade. Unha divertida historiade amizade e compañeirismo que ensina os conceptos básicos de educaciónviaria e que para a súa redacción contou co asesoramento do Consello Alemánde Seguridade Viaria.O estilo inconfundible de Janosch, con ilustracións cheas de dozura e historiasque destilan humor e inocencia, segue debuxándonos un sorriso nos beizos