Este pai é a persoa máis xenial do planeta. Cambia cueiros por gusto, é capaz de contar ata o infinito máis dunha vez e ademais é o máis forte e intelixente da historia. E sabes que? Inventou unha receita xenial para alegrar os días máis tristes: espaguetes con lambetadas. Heroica, absurda e conmovedora, ôPapá, un heroe, un mito, unha lendaö é unha historia sobre a relación entre pais e fillos nos que a protección e a amizade están por riba de todo.