Para celebrar o Nadal abonda con ter tanto entusiasmoe imaxinación como Celestina, non como o seu amigo Ernesto-máis preocupado polo frío do inverno- que non está por cumprir a súa promesa de organizar unha festa co pretexto de que habería que gastar uns cartos que non teñen. Pero malia as momentáneas decepcións, Celestina sempre sae coa súa, Ernesto é tan xenerosoe boíño, que ?deixando a un lado o seu carácter racional- accedea axudala para que non se desguste.Porque na axuda mutua está a clave desta historia entrañablee tenra: xuntos van buscar ao bosque canto precisan para adornar o seu humilde fogar, xuntos confeccionan debuxos, un cociña mentres a outra envolve os sinxellos agasallos que prepararon.E inesperadamente, descubriremos a un pícaro Ernesto tomandoa iniciativa para sorprender os asistentes e a propia Celestina, convirténdose na alma dunha festa de Nadal inesquecible.