Este libro recolle os traballos e debuxos que dende o 2018 ata o 2023 fixo a autora de Bamio (Vilagarcía de Arousa), Afra Torrado, incluídas as súas senlleiras historietas da 'señora Barbuda'.En palabras da propia Afra, o libro 'fala sobre o que penso e sinto, sobe buscar traballo (algo), sobre o amor (bastante) e sobre a miña loita contra a síndrome da impostora. O que conto nestas páxinas, por tanto, é (basicamente) que ás veces estou triste e non me gusta traballar.