Virxinia anda medio perdida. As súas dores físicas e mais as cicatrices emocionais tráena sen azos, buscando respostas para as grandes preguntas ás que se quere enfrontar como adulta. A visita da pantasma da súa avoa, vitalista, descarada, feliz por recuperar o vizo da mocidade, axudaraa a comprender que é o realmente valioso e auténtico. Ana Moreiras amosa nesta novela gráfica os seus dotes para a narrativa. Unha historia chea de humor e reflexión sobre o noso tempo, sobre o noso país.